Galicia e as Cantigas de Santa María


Antoni Rossell & G. Courtly Music Consort






Consello de Cultura Galega, Ref.: 1CM0107
2006







1. Santa Maria, Strela do dia  [7:55]   CSM  100
2. Da que Deus mamou o leite do seu peito  [10:19]   CSM  77
3. Mui gran razon é que sábia dereito  [13:22]   CSM  26
4. Quena Virgen ben servirá / a parayso irá  [9:07]   CSM  103
5. A madre de Deus / tant' á en ssi gran vertude  [8:54]   CSM  184
6. Aquela en que Deus carne / prendeu e nos deu por lume  [6:04]   CSM  304
7. No me posso pagar tanto  [3:20]   Fuga mundi de Alfonso X


1. Fremosos miragres mostra / a Madre da fremosura  [12:19]   CSM  352
2. Nunca ja pod´ aa Virgen / ome tal pesar fazer  [8:46]   CSM  104
3. Por dereito ten a Vigen / a Sennor de lealdade  [7:40]   CSM  175
4. Mui gran poder á a Madre de Deus  [9:16]   CSM  22
5. Mal ss' á end' achar / quen quiser desonrrar Santa Maria  [9:25]   CSM  317

6. [13:04]
Ave, maris Stella (Himno mariano)
De vergonna nos guardar / punna todavia   CSM  94

7. Damas, cabaleiros e cortesía na corte do rei  [3:51]   A. Rossell





GALICIA E AS CANTIGAS DE SANTA MARÍA DE AFONSO X
Antoni Rossell &
G. Courtly Music Consort


DIRECCIÓN
Antoni Rossell

INTÉRPRETES
Antoni Rossell, voz, organistrum e percusións
Mercedes Peón, voz e percusións
Pascal Caumont, voz
Eliseo Parra, voz e percusións
Sonia Reborido, voz
Ana Fernández Lavandeira, voz
Maria Incoronata Colantuono, voz
Clara Hernàndez, viola
Iván Costa, gaita e zanfona
Antonio Sanchez Barranco, percusións
Xavi Lozano, instrumentos de vento e percusións
Henrique Peón, voz e percusións
Jorge del Río, voz
Julio César Amaro, voz
Belén Mato Corral, voz

TEXTOS RECITADOS
Carlos Alvar
Bieito Arias Freixedo
Dorotea Barcena
Valeria Bertolucci
Mercedes Brea
Aviva Doron
Xesús Gonzalez Gómez
Georges Kanazi
Ramón Lorenzo
Basilio Losada
Manuel María
Xosé Luís Méndez Ferrín
Henrique Monteagudo
Hans Joseph Niederehe
Pilar Pallarés
Jesús Rodriguez Velasco
Antón Santamarina
Xohana Torres

SONS E AMBIENTACIÓN
Carlos de Hita



Consello da Cultura Galega
Santiago de Compostela, 2006

Afonso X. Rei de Castela
Galicia e as Cantigas de Santa Maria de Afonso X / Antoni Rossell, G. Courtly Music Consort. — Santiago de Compostela : Consello da Cultura Galega, 2006.
2 discos (CD) + 1 libro (118 p.)
D.L. VG 236-2006. — ISBN 84-396530-11 -6
I. Rossell, Antoni. II. G. Courtly Music Consort, III. Consello da Cultura Galega. IV. Titulo




EDITOR: Antoni Rossell
PRODUCIÓN ARTISTICA, DIRECCIÓN, INVESTIGACIÓN E TRANSCRICIÓNS MUSICAIS: Antoni Rossell
TOMA DE SON: Albert Moraleda
EDICIÓN DE SON E MONTAXE: Albert Moraleda, Antoni Rossell e Carlos de Hita
LUGAR DE GRAVACIÓN: Convento de Santa Clara (Santiago de Compostela) e Estudi Albert Moraleda (Barcelona)
XESTION DA GRAVACIÓN: Columna Música (Barcelona)
TRADUCION DOS TEXTOS AO CASTELÁN: Mª. Xesús Lama López
VERSION DOS TEXTOS AO GALEGO MODERNO: Mª. Xesús Lama López
TRADUCIÓN DO TEXTO LATINO (CD 2, PISTA 1, p. 69): Lucia Sesto Yagüe


EDITA:
Consello da Cultura Galega

Realización:
Obradoiro gráfico de Edicións do Cumio






AGRADECEMENTOS

En primeiro lugar a todos os escritores, intelectuais e profesores que recitaron textos dun modo non só desinteresado senón entusiasta. Ao convento das Clarisas, de Santiago de Compostela, porque entre os seus muros, o seu silencio e a súa beleza foi posible realizar esta gravación con todo tipo de facilidades. A Luciano Pérez e ao Obradoiro de Instrumentos do Centro de Artesanía e Deseño de Lugo, por emprestarnos as reproducións dos instrumentos medievais galegos —organistrum e dúas violas— e de dúas zanfonas reconstruídas expresamente para esta ocasión tomando como modelo o Manuscrito de "Los Músicos" (manuscrito das Cantigas de Santa Maria de Afonso X) de El Escorial (Madrid). A don Alejandro Barral, polos seus bos oficios e por facilitarnos labores e traballos. A Vanesa Regueira Graña, Pepe Coira, Rocío Marín e a todos aqueles que coa súa axuda facilitaron o noso traballo. Aos propietarios do Muíño do Cotiño, Aciveiro, concello de Forcarei, na Terra de Montes (Pontevedra), especialmente a José e Manuel Doval.

ANTONI ROSSELL




ADRO

É un feito unanimemente recoñecido que as Cantigas de Santa María de Afonso X o Sabio constitúen un dos cumes da cultura europea medieval. A esa significación sobranceira contribúen os valores literarios do seu texto non menos cá riqueza iconográfica dos seus manuscritos (en particular do códice 'rico' de El Escorial e o seu par de Florencia). Pero, sen dúbida, entre as belezas que encarecen o 'magnum opus' afonsino, unha das máis xustamente prezadas é o tesouro dos seus 'sons'. As partituras que acompañan cada unha das máis de catrocentas cantigas labradas no obradoiro literario-musical do rei Afonso configuran un dos repertorios melódicos máis amplos e valiosos da Europa anterior ao Renacemento.

Con certeza, a faceta musical das Cantigas, obxecto de sisudos estudos e vivos debates desde hai máis dun século por parte dos especialistas (rapidamente evocados na presentación que vén a seguir), foi explorada con magníficos resultados por lexións de intérpretes de todo o orbe. En todo ese labor, non obstante, achamos en falta o contributo galego. Os esforzos, sexa no plano erudito sexa no da divulgación, que se levan feito desde Galicia —moi meritorios e laudables, sobre todo polo que supoñen de empeño persoal dos seus protagonistas— están lonxe de colmar unhas expectativas razoables sobre o papel chamado a xogar polo noso país, polas institucións, os estudosos e os artistas galegos, no coñecemento científico e na difusión masiva deste monumento da nosa cultura —da cultura galega, da española ou hispánica, da europea e da universal. Recentemente, co gallo do vixésimo aniversario da súa fundación, o Consello da Cultura Galega deu ao prelo un volume coa reprodución fotográfica do Códice de Toledo das Cantigas. Daquela, ao fío do Xacobeo 2004, tencionamos organizar unha exposición arredor das Cantigas, iniciativa que lamentablemente bateu coa incomprensión das autoridades chamadas a apoiala.

Arredor desta última empresa naceu a gravación que arestora temos o pracer de presentar, que se debe ao saber, ao talento e ao esforzo de Antoni Rossell, un profesor de Literatura e Música Medievais na Universidade Autónoma de Barcelona con fortes vencellos na nosa terra, e que axunta na súa persoa a infrecuente combinación dos dotes de experto musicólogo, de emprendedor laborioso e de intérprete brillante. Unha gravación que pretende pór ao alcance do público galego, para o seu gozo, unha selección de composicións afonsinas executadas conforme un criterio orixinal, tal como o propio profesor Rossell explica na súa introdución.

Alén do dito, o disco que presentamos ofrece dúas peculiaridades salientables: dunha banda, acolle unha escolma de cantares que vén a subliñar, pola súa relación con Galicia, a galeguidade idiomática da obra; doutra banda, intercálanse fragmentos literarios maiormente afonsinos (cada un deles elixido polo respectivo recitante), declamados por un monllo de voces distinguidas, ora de medievalistas ilustres de diversa nacionalidade, ora de sobranceiros poetas galegos. Nestas liñas querernos agradecerlles moi especialmente a súa boa disposición para colaborar no disco.

As valiosas axudas que fixeron posible este proxecto, ambicioso na súa modestia, están recollidas e recoñecidas na dedicatoria que Antoni Rossell antepuxo a estas páxinas. Só nos resta a nós felicitalo a el e ao Courtly Music Consort polo espléndido resultado do seu traballo, que estamos certos que o público saberá recompensar da mellor maneira: deleitándose con intensa e morosa fruición na escoita destas melodías de fermosura inefable.

ALFONSO ZULUETA DE HAZ
Presidente do Consello da Cultura Galega





INTRODUCIÓN

O repertorio mariano afonsino foi obxecto de numerosas gravacións, é un dos máis editados —e por isto coñecidos- da música medieval. Tamén é un dos que suscita unha maior controversia; dende as acaloradas discusións entre Ribera e Anglés, ata as menos acaloradas pero si intensas disputas entre intérpretes actuais de música medieval, a polémica non deixa de estar presente neste repertorio. A cuestión máis discutida é a do ritmo musical e se estas melodías deben interpretarse ritmicamente ou, ao contrario, deben carecer del, aínda que existen outros aspectos, como o da transcrición melódica, a semitonía ou a pronuncia dos textos, sobre os que os intérpretes e musicólogos aínda non se puxeron de acordo de forma unánime. Debatémonos continuamente entre a estética contemporánea e a percepción moderna (herdeira do romantismo) do mundo medieval. É obrigada unha reflexión epistemolóxica para abordar este repertorio, e esta gravación é froito desa reflexión.

O noso propósito foi realizar un traballo que tivese elementos orixinais e que dalgún xeito fosen innovadores, co risco que isto entraña ao tratarse dun repertorio tan interpretado e tan coñecido.

O noso primeiro obxectivo foi contextualizar a interpretación nun mundo medieval real. As gravacións actuais pecan dunha perspectiva un tanto romántica, como a acumulación de instrumentos na interpretación —un tanto incompatible coa realidade medieval dos intérpretes—, que só se xustificaría en situacións extraordinarias como na corte real do mesmo Afonso, pero que non reflicte a práctica cotiá deste repertorio nas pequenas cortes —as máis numerosas— ou no devir diario de xograres e trobadores itinerantes. A contextualización pasa por situar o repertorio nun ámbito de referencias culturais e de ambiente medieval. A nosa concepción do mundo medieval estriba na acumulación e presenza de diferentes rexistros lingüísticos, culturais e de obras e autores medievais. O universo medieval —o afonsino especialmente— créase e difúndese nun contexto intertextual e intermelódico. O público oe unha cantiga, pero ao mesmo tempo está recordando a melodía litúrxica que serviu de modelo a esa cantiga, e por tanto recibe e percibe tanto a mensaxe mariana afonsina como as referencias que a melodía e o texto imitados achegan. Mediante a cita de textos e melodías intentamos poñer de relevo esas referencias, que xa na Idade Media, e hoxe tamén, están dirixidas a un público de entendedors, e que para o público non especialista suporían a presenza e a manifestación do substrato descoñecido que sustenta a obra medieval. Esta contextualización pasa por unha ambientación que pretende situar ao oínte actual no mundo en que vive o home medieval; con isto propoñémonos responder a cuestións de cando e por que se canta e se invoca á Virxe.

Outro dos elementos que presentamos como "orixinal" é o da galeguidade do repertorio mariano afonsino. Este aspecto abordouse dende dúas perspectivas diferentes. En primeiro lugar, na elección do repertorio, decidíndonos por aquelas cantigas que dalgún xeito (situación xeográfica, referencias á peregrinaxe compostelá, mención de personaxes...) poderían situarse en Galicia. En segundo lugar, no aspecto estético e lingüístico, os dous a partir da elección de intérpretes galegos de música tradicional. Queriamos oír as Cantigas de Santa Maria cantadas por voces galegas, que entendesen o texto, e cuxas referencias estéticas fosen as da música tradicional galega, pero sempre atendendo ao criterio de transcrición arqueolóxica que rexe a nosa interpretación.

Por último, a contextualización tivo unhas voces de excepción, as de escritores, intelectuais e profesores galegos, pero tamén de diferentes partes do mundo, que coa súa experiencia no ámbito lingüístico, literario, histórico ou artístico deron voz ao contexto afonsino e galego medieval. Outro aspecto considerado "innovador" neste tipo de gravacións foi a inserción de sons: uns procedentes da natureza e outros de elementos como muíños, de lugares como o Patio dos Arrayanes, de claustros e xardíns, de mosteiros, que serviron para situar tanto a acción do texto literario como as persoas que protagonizaron a creación e difusión deste repertorio, en especial o seu "autor", o rei Afonso X.

ANTONI ROSSELL









CD1

1. [7:55]
CSM 100. Santa Maria, Strela do dia

Antoni Rossell, voz
Mercedes Peón, voz
Coro feminino / Coro masculino

sons:
Tormenta nas praias de Lariño (Carnota, A Coruña),
temporal en rochas de Muxía (A Coruña)
e ambiente do porto de Malpica (A Coruña).


texto de Pai Gomez Charinho
recitado por Bieito Arias Freixedo, Universidade de Vigo


2. [10:19]
CSM 77. Da que Deus mamou o leite do seu peito

Antoni Rossell, voz
Sonia Reborido, voz
Ana Fernández Lavandeira, voz
Iván Costa, gaita
Antonio Sánchez Barranco, percusións
Xavi Lozano, percusións
Henrique Peón, percusións

sons:
Fontes do Patio dos Arrayanes, na Alhambra de Granada


programa:
instrumentos + recitados + sons
At de Mons
recitado por Carlos Alvar. Universidade de Xenebra (Suíza)

Poema árabe medieval, anónimo;
Texto do Corán
recitados por Georges Kanazi. Universidade de Haifa (Israel)

3:15
CSM 77, recitado inicial por Dorotea Bárcena, actriz


3. [13:22]
CSM 26. Mui gran razon é que sabia dereito

Antoni Rossell, voz
Coro masculino
Xavi Lozano, instrumentos de vento e percusións
Antonio Sánchez Barranco, percusións
Clara Hernàndez, viola

programa:
vv. 22-23 del Prólogo B de las Cantigas de Santa Maria,
recitados por Hans Joseph Niederehe, Universidade de Treveris (Alemaña)

0:40
CSM 26
recitado inicial por Ramon Lorenzo, Universidade de Santiago de Compostela

11:30
Miragres de Santiago, S. XIV
recitado por Ramon Lorenzo, Universidade de Santiago de Compostela

12:35
Codex Calixtinus
recitado por Mercedes Brea, Universidade de Santiago de Compostela


4. [9:07]
CSM 103. Quena Virgen ben servirá a parayso irá
Antoni Rossell, voz
Eliseo Parra, voz

recitado inicial: Anton Santamarina, Universidade de Santiago de Compostela

sons:
Claustro do Mosteiro de Yuste (Cáceres).
Canto dun reiseñor e asubíos dun moucho de orellas na fraga de Gaxate (Pontevedra).



5. [8:54]
CSM 184. A Madre de Deus tant' á en ssi gran vertude

Ana Fernández Lavandeira, voz
Sonia Reborido, voz
Iván Costa, gaita
Clara Hernàndez, viola

recitado incial: Xosé Luís Méndez Ferrín, escritor


6. [6:04]
CSM 304. Aquela en que Deus carne prendeu e nos deu por lume

Antoni Rossell, voz
Coro masculino
Mercedes Peón, voz

recitado inicial: Henrique Monteagudo, Universidade de Santiago de Compostela

sons:
Muíño do Cotiño (Aciveiro, concello de Forcarei, na Terra de Montes, Pontevedra),
trabadelo e roda de moer nun muíño fluvial no rio Lérez.



07. [3:20]
Fuga mundi de Afonso X: Non me posso pagar tanto

Henrique Monteagudo, recitado
Xavi Lozano, instrumentos de vento, percusións
Antonio Sanchez Barranco, percusións



CD2

01. [12:19]
CSM 352. Fremosos miragres mostra / a Madre da fremosura

Antoni Rossell, voz
Clara Hernàndez, viola
Coro masculino / Coro feminino
Antonio Sánchez Barranco, percusións
Xavi Lozano, instrumentos de vento

0:31
Gaufridus Anglicus, Ars epistolaris ornatos
recitado por Valeria Bertolucci, Universidade de Pisa (Italia)

1:50
recitado inicial: Xestís Gonzalez Gómez, crítico literario

sons:
Azor. O Bierzo (León).


2:30
Fremosos mirages


2. [8:46]
CSM 104. Nunca ja pod´aa Virgen / ome tal pesar fazer

Antoni Rossell, voz e organistrum
Sonia Reborido, voz
Ana Fernández Lavandeira, voz
Iván Costa, gaita

recitado inicial: Pilar Pallarés, escritora

sons:
Avelaionas, morcegos e cans (nocturno). La Granja (Segovia).



3. [7:40]
CSM 175. Por dereito ten a Vigen, / a Sennor de lealdade

Pascal Caumont, voz
Coro masculino
Antoni Rossell, organistrum

recitado inicial: Mercedes Brea, Universidade de Santiago de Compostela

sons:
Avelaionas. Monte Pindo (A Coruña)
e lume de matogueira no Ancoradoiro (Muros, A Coruña).


6:30
Afonso X, Partida II
recitado por Jesús Rodriguez Velasco, Universidade de Berkeley (USA)

7:05
Salmo XLII
Shmuel ha-Nagid (S. X - Granada)
recitados por Aviva Doron, Universidade de Haifa (Israel)


4. [9:16]
CSM 22. Mui gran poder á a Madre de Deus

Antoni Rossell, voz
Clara Hernandez, viola
Coro masculino
Xavi Lozano, tarota
Antonio Sanchez B., percusións
Henrique Peón, percusións

recitado inicial: Manuel María, poeta


05. [9:25]
CSM 317. Mal ss' á end' achar / quen quiser desonrrar Santa Maria

Eliseo Parra, voz
Iván Costa, gaita
Coro feminino / Coro masculino

recitado inicial: Basilio Losada, Universidade de Barcelona

sons:
Pisadas e sacudidas dun portal de igrexa. Mosteiro do Paular (Madrid).



06. [13:04]
Ave, maris Stella (Himno mariano)
CSM 94. De vergonna nos guardar punna todavia

Maria Incoronata Colantuono, voz (Himno mariano)
Sonia Reborido, voz
Coro feminino

0:30
(Ave, maris Stella ....

0:50
recitado inicial: Xohana Torres, poeta

... Sumens illud Ave)

3:17
CSM 94


7. [3:51]
Damas, cabaleiros e cortesía na corte do rei (A. Rossell)

—Eras qan vei verdeiar / Raimbaut de Vaqueiras
—Pois naci nunca vi Amor / Nuno Fernandez.
—Vayamos, irmana, vayamos dormir / Fernand' Esquío
—General Estoria / Afonso X

Xavi Lozano, tarota e percusións
Antonio Sanchez Barranco, percusións

recitados:
Giuseppe Tavani, Universidade La Sapienza de Roma (Italia)
Giulia Lanciani, Universidade La Sapienza de Roma (Italia)
Xohana Torres, escritora, e Basilio Losada, Universidade de Barcelona
Carlos Alvar, Universidade de Xenebra (Suíza)